
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (San Martiño)
Lugar: Birrete
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Nun penedo granítico no nivel superior do Campo das Croas, atopamos labradas dúas cazoletas ben marcadas e de pequeno tamaño, unha cruz de base triangular e con rodelas nos estremo superior do pau e nos remates dos brazos da cruz, e por último dos síbolo alfabetiformes.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3969195614Lonxitude: -8.65069270134
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Pablo Eirin says:
Abr 14, 2014
Cando estaba a sacar as fotos desta labra, había ao redor máis xente do lugar que nunca miraran antes esta pedra. Foi curioso escoitar como unha muller falaba de traer maquinaria para levantar a pedra e ver que había embaixo.
Gustaríame insistir neste tema unha vez mais e dicir que debaixo desta pedra NON HAI NADA.
Este tipo de cruces labradas son moi habituais nas croas dos castros e nos límites entre parroquias. Poderedes mirar o castro de Arén (Cerdedo) cunha cruz gravada a modo de cruceiro e capela a carón; de Famelga (Cotobade) cunha cruz a modo de expositorio; de Nantes (Sanxenxo) con dúas coviñas, o de Presqueira cun cruceiro e mesmo unha capela; o castro de Covas cun relevo da figura de San Cibrán; o veciño castro de San Cibrán con capela e cruceiro…e moitos outros.
É fácil darse de conta de que este tipo de cruces e labras facíanse para cristianizar lugares pagáns.