Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Vigo
Parroquia: Bembrive (Santiago)
Lugar: A Parrocha
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Este peto, que se pode ver no muro de peche dunha propiedade privada, é da década dos anos 50 do século XX. Consta dunha fornela con arco de medio punto protexida por un enreixado de ferro cun cristal. No seu interior, revestido con azulexo branco, disponse unha imaxe feita en madeira que representa ao Sagrado Corazón de Xesús. Dita imaxe foi doada por un matrimonio da parroquia. Na parte inferior atópase un pequeno burato para as esmolas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Durante o mes de xuño de cada ano (en datas variables) a veciñanza organiza unha romaría na contorna deste esmoleiro devocionario. O máis característico desta romaría é a construción dun parapeto vexetal por diante da fornela, onde se coloca a imaxe do Sagrado Corazón, toda ela acompañada de flores sobre teas brancas. É tradición que durante todo o tempo que a imaxe permanece exposta no exterior baixo a cuberta vexetal, sempre hai unha persoa do lugar atendendo a imaxe, sen moverse do seu lado.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://xosecounhago.com/?p=1197
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2132372943Lonxitude: -8.68775891901
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84