Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Lavadores (Santa Cristina)
Lugar: Rúa Santa Cristina
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Atópase adosado á dereita da fachada da igrexa de Lavadores.
A base e o varal non se corresponden co antigo cruceiro. A parte orixinal é a cruz.
A base é semicircular de dous chanzos. O varal é semicilíndrico, liso, con base semicilíndrica con decoración lisa baquetoneada. O capitel é semicircular con catro ornamentacións de distinta circunferencia. Maior circunferencia na parte superior; menor circunferencia na inferior.
A cruz ten unha base con saíntes nas esquinas con volutas, das que só conserva as dúas anteriores. Contén a representación de Cristo crucificado.

Orixinalmente a cruz estaba noutro cruceiro situado no Calvario. Posteriormente foi reaproveitada e colocada neste novo cruceiro. No seu artigo “O nacemento dun barrio: O Calvario (Lavadores) 1900-1940″, Juan Miguel González, do Instituto de Estudios Vigueses afirma que ata 1910 estivo na rúa do Cristo do Calvario e que foi trasladado para este adro en 1910.

Tanto Castelao como Espinosa Rodriguez o mencionan nos seus estudos.

Cando se localizada no seu lugar primitivo se facía unha procesión que saía da igrexa e chegaba ata el, dando lugar a unha grande festa popular na súa honra. Ao variar o seu emprazamento e ao producirse cambios no urbanismos da zona, originou a perda do citado acto relixioso.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

“O Calvario, popular barrio urbano de Vigo, toma o nome dun calvario (conxunto de tres cruces) que existiu no lugar ata principios do século XX. Unha cruz simple estaba no cruzamento dos Choróns, outra simple á beira do pazo de Rivera Atienza, e un cruceiro máis grande (O Cristo) colocado na parte alta da actual rúa do Cristo, no corazón do Calvario. A principios do século XX un mendigo causoulle danos ao cruceiro principal nunha noite de esmorga (botouno abaixo, abateuno), motivo polo cal se decidiu trasladalo á igrexa de Lavadores, onde aínda se pode ver pegado á portada do templo”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.14.001_C – páxina 65)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf (p. 1, ficha A_160)
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/12/los-cruceiros-de-matam-y-de-lavadores_17.html
http://xosecounhago.com/?p=177
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605708.html

BIBLIOGRAFÍA
BANGO TORVISO, Isidro G.: “Arquitectura románica en Pontevedra”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1979 (pp. 227-228)
RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso Daniel (1950). As cruces de pedra na Galiza. Editorial Nós


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2265193122
Lonxitude: -8.69707882404
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84