Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte San Paio (Santa María)
Lugar: Ponte, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Nunha illa na desembocadura sistema fluvial Oitavén-Verdugo podemos atopar a illa de O Castelo, accesible a pé cando a marea está baixa. Nela podemos atopar os alicerces dos muros dun antigo baluarte defensivo así como diversas pezas de estrutura que rodaron pola illa abaixo ata ribeira, penedos labrados para encaixar as pedras dos muros e cachotes dalgunha construción derrubada.

No extremo máis próximo a terra, podemos atopas un cruceiro e unha escultura de época contemporánea.

Tradicionalmente, vinculase esta fortificación coa campaña militar de Almanzor do ano 997 contra territorio galego.

Ainda que as primeiras referencias documentais verificadas nas que se menciona esta fortaleza, o Castellum Sancti Pelagii de Luto, non chegan ata comezos do século XII e nos amosan un castelo de reguengo onde o conde Raimundo de Borgoña cobraba impostos aos camiñantes, mercaderes e peregrinos que se dirixían dende as terras de ambas beiras do Miño cara a Santiago de Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González-Paz, Carlos Andrés “Una fortaleza medieval en el Camino Portugués a Santiago de Compostela: “Castellum Sancti Pelagii de Luto” [en liña] Cuadernos de Estudios Gallegos, xaneiro-decembro 2009. ISBN: ISSN 0210-847 X. LVI N.º 122. pp. 151-170. [Consultado en: 13-04-2014] Dispoñible en: http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/60/60

Reboreda, Alberte “Na fortaleza de Ponte Sampaio, un castelo medieval na ría de Vigo” Faro de Vigo, 27-03-2014.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3463970497
Lonxitude: -8.61437559128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84