Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castroverde
Parroquia: Soutomerille (San Salvador)
Lugar: Soutomerille
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Orixe prerrománica, citada no ano 1122 como “Monasterium de Sauto Mairelli”, da que queda como testemuña a fiestra no testeiro leste da ábsida. Reedificada no ano 1619, época á que corresponde a fachada renacentista, con frontón recto e tímpano con escudo: “REEDIFICATVM + ANNO 1619/PER DOMINOS LICENCIATOS ALFONSVM/ET PETRVM LOPEZ PALLIN, FRATRES”.
Consta dunha nave rectangular abovedada en pedra, con arco triunfal de medio punto. No interior retábulo policromado en pedra. No pavimento atopáronse tres inscricións en pedra lousa de época visigoda. Dúas laudas sepulcrais custódianse no interior, do século XVII, brasonadas cos seus correspondentes escudos; son de don Andrés López Pallín e outros deudos seus. Na actualidade está desmantelada, abandonada e sen uso.
Respecto á denominación como “monasterium”, Nicandro Ares Vázquez di que na Idade Media utilizábase a veces como se fose “eclesia”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CASTROVERDE/documents/26345CA052.pdf

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

http://requiempatrimoniogalicia.blogspot.com.es/2013/11/mosteiros.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0175458
Lonxitude: -7.3971622
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84