
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cotobade
Parroquia: Sacos (Santa María)
Lugar: A Vila de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Igrexa románica do século XII con modificacións e engadidos posteriores coma a sacristía e a parte alta da cabeceira.
É unha edificación dunha soa nave e cabeceira rectangular. Destacan a cornixa do ábside soportada por arquiños cegos, con formas animais e xeométricas no interior, que a súa vez son sustentados por canzorros que nos remite a unha influencia lombarda. Coronando a cuberta a dúas augas podemos ver dous animais, non recoñecibles, montados un sobre o outro mirando en direccións opostas cunha cruz potenzada enriba.
Na fachada meridional atopamos unha porta cegada con lumieira poligonal que apenas levanta un metro do chan polo que se deduce que no seu día o nivel do chairo era moito máis baixo que o actual. Destacan tamén os canzorros da nave onde atopamos diversas formas animais e xeométricas.
Na fachada principal, o tímpano da porta está formado por dúas arquivoltas de media caña entre baquetones, de medio punto a exterior, e no interior, tímpano de forma apuntada con flores. A fachada está rematada en dous pináculos nos extremos e nunha espadas de dous corpos máis un terceiro rematada en cuberta de medio punto. A primeiro corpo ten dous ocos onde se aloxan as campás da igrexa.
Na fachada setentrional atopamos canzorros con figuras humanas amosando os seus xenitais. Temos tamén un porta con arco plurilobulado sobre unha moldura de toro. Apoiase nos seus extremos en dous capiteis
No interior temos a nave principal con cuberta de carpintería de madeira. No arco apuntado que da paso a cabeceira podemos ver unha policromía en tons vermellos con motivos de entrelazados, así como una moldura labrada cun axadrezado pola parte da nave. O arco apuntado sostense nun capiteis, sobre piares, nos que vemos motivos vexetais de labra xeométrica.
A cabeceira está cuberta por unha bóveda apuntada policromada en tons azuis e vermellos con motivos vexetais. No muro do testeiro vemos unha pintura mural no que se representa ao Padre Eterno entronizado sostendo entre as súas mans a cristo na cruz sobre a bola do mundo. Ao seu redor aparecen representados os símbolos dos evanxelistas: o león de San Marcos, o anxo de San Mateo, a aguia de San Xoán e o touro de San Lucas; así como diversos querubíns e un axadrezado tridimensional nunha franxa baixo estes símbolos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA3601201000001
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior temos diversas imaxes de estilo barroco, ata un total de nove máis unha virxe vestida do XIX. Compre destacar que se conserva no interior tres frontais dun antigo baldaquino do século XVI. Un deles empregase como frontal da mesa de altar. Todos eles teñen arcos conucopiales tan só dous un ha cornixa con moldura cunha serie de bezantes na moldura.
En 1909, Enrique campo realizou varios debuxos da igrexa, nos que se poden algún dos frontais do baldaquino presidindo o pousadorio do cruceiro que se atopa no adro. Outro deles seica esta no cemiterio ata que foron todos eles gardados na interior da igrexa.
Próxima a entrada ao cemiterio a carón, podemos ver unha pila bautismal en pedra de granito sen ornamentación. Está formada por unha pía semiesférica sobre un baseamento cilíndrico.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
● Catálogo da Exposición “Enrique Campo” Pontevedra: diputación de Pontevedra, 1989. ISBN: 84-86845-28-9. páx. 43
● Bango Torviso, Isidro Gonzalo (1979). “Arquitectura románica en Pontevedra” A Coruña: Fundación Barrie de la Maza, 1979. ISBN: 84-300-0847-0.
● Ponce Couce, Leandro; Sánchez Garcia, Jesús A. “Galicia, Guía do Patrimonio Arquitectónico” A Coruña : Vía Láctea, 1998. ISBN: 84-89444-50-1.
● “N.S.P. 25/02/1997. Patrimonio Arquitectónico”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Páx. 116. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA003.pdf
● “Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural”. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA002.pdf
LIGAZÓNS EXTERNAS:
“Igrexa de Santa María de Sacos” Wikipedia, 16-06-2012 [Consultado en 16-05-2014]. Disponible en: https://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santa_Mar%C3%ADa_de_Sacos
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5140094188Lonxitude: -8.49391222
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84