Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cotobade
Parroquia: Sacos (Santa María)
Lugar: A Vila de Arriba
Outra denominación do ben: Cruceiro de Riba
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro foi derrubado nun acto vandálico no que se fracturou o varal en varios anacos. Posteriormente restaurado, concretamente en marzo de 2014.

É un cruceiro sinxelo sen imaxinería cunha plataforma de planta cadrada e con tres chanzos. O baseamento e baixo e coas arestas superiores tamén rebaixadas. O longo das súas catro facetas, temos unha inscrición superficial e pouco lexible non sendo na última beira onde se lee perfectamente:

AÑO DE 1673

Cumpre dicir que esta beira e especialmente a data do ano están labradas con máis profundidade que o resto das caras. O varal e cilíndrico cunha diámetro constante. Apreciase claramente a súas fracturas por tres partes. O capitel tamén é moi sinxenlo formado tan só por un collarino, ábaco e equino. O varal e o capitel están feitos dunha mesma peza.

A cruz é latina e resultou fracturada na súa base.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

“N.S.P. 25/02/1997. Petos de Ánimas e Cruceiros”. Concello de Cotobade, 3-3-1997. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COTOBADE/documents/0770CA007.pdf

LIGAZÓNS EXTERNAS:
“El Concello de Cotobade denuncia el destrozo de dos cruceiros” La Voz de Galicia, 5-07-2012 [Consultado en: 01-04-2014] Dispoñible en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2012/07/05/concello-cotobade-denuncia-destrozo-dos-cruceiros/0003_201207P5C7992.htm

“Patrimonio autoriza o Concello de Cotobade a restauración dos cruceiros de Santa María de Sacos” Pontevedra Viva, 17-12-2013 [Consultado en: 01-04-2014] Dispoñible en: http://pontevedraviva.com/xeral/9144/patrimonio-cotobade-restauracion-cruceiros-maria-sacos-cubela-jorge/

“Os cruceiros de Santa María de Sacos renovan a súa imaxe” Pontevedra Viva, 10-03-2014 [Consultado en: 01-04-2014] Dispoñible en: http://pontevedraviva.com/xeral/10698/restauracion-cruceros-santa-maria-sacos-cotobade/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5100202513
Lonxitude: -8.49211469295
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84