Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Teis (San Salvador)
Lugar: Poulo
Outra denominación do ben: Igrexa de San Xoan do Monte
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A edificación que hoxe podemos ver é de factura recente (1952), de planta rectangular que amosa cuberta a dúas augas con tella curva. Na fachada atópase a porta de entrada con pórtico. Tanto a porta como os váns posúen arco de medio punto. Aparece tamén un ocelo circular. O conxunto remata nunha espadaña de dous ocos con remate en cruz de tipo latina.

Esta pequena igrexa parroquial foi construída sobre unha máis antiga da que non se ten información. Sábese que tiña 45,60 m2. As obras de ampliación comezaron en 1964.

No interior destacan dúas imaxes antigas en madeira de San Xoán e san Mauro. Existe outra máis recente de San Xoán do escultor galego Asorey.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel (1997). Inventario histórico das ermidas de Vio e do Val do Fragoso. Séculos XVI – XIX. Colección Datos 8. Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Vigo.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2388968323
Lonxitude: -8.69999706745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84