
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Cerqueda (San Cristovo)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Dólmen megalítico con corredor,encadrable na fase de apoxeo nesta cultura entre os 3500 e 2700 A.C. E un dos dólmens máis grandes de Galicia con cámara poligonal e corredor orientado cara o leste. O dólmen consta dunha pedra cuberta, que está partida á metade, e seis chantos verticais que lle servian de soporte. A cuberta, ainda que partida, ten unha lonxitude de 4 metros por un ancho de 1.80 metros, cun grosor medio de 70 cm. En canto os chantos, o máis alto mide 2.5 metros por 1.90 de ancho, e o máis pequeno 1.90 de alto por 1 m. de ancho. Consérvase aínda parte da mámoa, e dicir, da terra que recubría o dólmen, na que se aprecian o resto dunha coiraza de pedras.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a lenda que foi unha moura quen a construiu o tempo que ia fiando e dándolle de mamar a un neno. Carrexou as pedras levándoas na cabeza.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Dólmenes de Galicia. Ramón Boga Moscoso Ed Bahía ISBN 84-89803-13-7
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.296704514105926Lonxitude: -8.815522491931915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84




620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Alberte.NM says:
Set 18, 2011
Boas XANDLINATHRY.
Quería agradecerte o teu traballo e apuntar que, por desgracia, o dolme foi destruido adrede por un dos veciños da localidade que, sen miramento ningún, decidiu reventar a cuberta cun barreno; tal e como se aprecia na túa fotografía.
Novamente grazas e un saudo.
Alberte.NM says:
Set 18, 2011
Adxunto unha pequena noticia sobre o suceso:
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2007/11/11/0003_6308663.htm