
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: Viñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro situado á beira dunha rúa asfaltada que cubre parcialmente o primeiro chanzo. A súa plataforma é de planta cadrada con tres chanzos. O baseamento e de planta cadrada e perfil rectangular rematado cun listel. E cada faceta lateral amosa un retablo no que pode verse un ánima sufrindo tormento entre as lapas.
O varal é oitavado non sendo no seu primeiro tramo que é de planta rectangular. Neste tramo atopamos dous epígrafes, un na beira do anverso e outro na beira dereita. No anverso di:
ESTA
PIA LA
HACER
POR SU DE
IGNACIO
VECINO
FELIGRA
AÑO
DE 1767
e na beira dereita:
OBRA
MANDO
Y PINTAR
VOCION
DE VIÑAS
DE ESTA
EN EL
O que que ven a dicir que:
“Esta obra pía mandouna facer e pintar pola súa devoción Ignacio de Viñas veciño desta parroquia no ano de 1767”
O varal, así mesmo, amosa dous santiños, situados no anverso, Santa Ana e San Ignacio.
O capitel consta de collarino circular, motivos vexetais e volutas angulares con querubíns no centro, non sendo no anverso, onde atopamos unha caveira sobre dúas tibias cruzadas.
A Cruz é latina e sinxela, sen ningún tipo de ornamento. No anverso atopamos a Cristo crucificado baixo cartela de INRI. E no reverso, a virxe do Carme portando un escapulario e ao neno Xesús. A Virxe está sobre unha nube da que emerxe un querubín.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar) Vigo: Editorial Galaxia, 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Láminas XXI e XLIII.
Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao “Cruces, cruceiros e petos do Concello de Poio” Mos: AGCE, 2007. ISBN: 978-84-87904-57-8. p 79-81
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4356716252Lonxitude: -8.66307914257
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84