Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Salto
Lugar: Castro
Outra denominación do ben: Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Os habitantes de Castro aínda son conscientes do lugar que habitan. As casas que hai na actualidade baixan polas ladeiras do outeiro onde se situaba a aldea vella, da Idade do Ferro. Situado a 215 metros de altitude, este castro domina o fondo do extenso Val de Salto que se extende até o río Grande. Aínda que está sen escavar e sen limpar, aprécianse perfectamente as súas defensas. A muralla principal aproveita a orografía do outeiro. Un camiño bordea a fortaleza polo antigo foxo no seu lado oeste. A pendente máis pronunciada vai cara ó leste e a menos cara o sur. Aínda se conserva a posible entrada. Non houbo ningunha escavación nin achádegos arqueolóxicos neste castro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Os veciños contan que hai moitos anos traballando as leiras atoparon canles que levaban auga das fontes e río próximos cara ao castro. Tuberías de ouro, nin máis nin menos. Tamén se repite aquí a lenda dos túneis subterráneos.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1070301674Lonxitude: -8.99889707565
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84