Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Vilar (San Pedro)
Lugar: Campolongo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal tamén cuadrangular. Ten un varal octogonal disminuíndo o seu grosor na parte alta e moldurado na parte baixa. Non ten capitel e a súa cruz é cuadrangular con remates en flores. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo en brazos. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

_MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, vol.III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3912104022
Lonxitude: -8.16839396954
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84