Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rois
Parroquia: Ermedelo
Lugar: Sabacedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de cruz latina con sancristía acaroado ao lado norte, construída no século XVIII e de estilo neoclásico, aínda que podemos ver elementos de típica adscrición ao barroco coma a ornamentación dos laterais da porta con molduras e orelleiras, fornelo sobre a porta principal e espadana semellante a outras igrexas do mesmo estilo. Dúas imaxes en alto-relevo flanquean a porta principal e outras máis pequenas na porta que dá a sancristía no lado norte. Na fachada e dentro dunha fornela vemos a imaxe de San Martiño de Tours e enriba desta unha ventá cadrada dá luz ao interior do templo. Espadana de dous ocos con arcos para as campás e balaustrada na parte inferior que remata en edículo con oco e pináculo de bóla na cima, dúas grandes cornixas voadas separan os corpos e van adornadas con pináculo piramidais nos estremos. Hai un reloxo de Sol na esquina da fachada cara o muro sur. A carón dela hai unha pequena carballeira cunha fonte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA002.pdf (pax 4 de 11 do PDF)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8078224518
Lonxitude: -8.75216603279
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84