Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Salvador)
Lugar: Rúa do Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro sobre unha elevación rochosa a carón da rúa asfaltada do Adro. Salva a superficie irregular da rocha mediante unha plataforma de catro chanzos de planta cadrada. As xuntas dos chanzos están recheas con mortero e nos chanzos superiores atopamos grapas metálicas reforzando a unión das pedras. O baseamento é case cúbica cun cadrado labrado en cada faceta. O varal cilíndrico amosa, na súa altura media, un santiño que suxeita os brazos dun neno que lle trepa pola saia da túnica. Podería ser San Antonio de Padua nunha pose pouco convencional. Capitel con volutas angulares e querubíns na parte central. A cruz ten as arestas acanaladas e os remares dos brazos potenzados. No anverso, Cristo crucificado baixo cartela de INRI e coas costas pegadas a cruz e no reverso a Virxe en aptitude orante cuberta por unha ampla túnica.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4325485194
Lonxitude: -8.66599995646
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84