Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Santiago de Mens
Lugar: Mens
Outra denominación do ben: Castelo de Mens
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

As torres de Mens coñecidas tamén como a fortaleza dos Moscoso, sitúan-se preto da igrexa parroquial de Santiago de Mens, algunhas lendas contan que un túnel as comunicaba. Tráta-se dun recinto amurallado no que se colocan 3 torres de planta cadrada, o seu perímetro é de forma ovalada case circular realizado de cachotería, as torres, de cantería, sitúanse máis ou menos nas zonas nordeste, suroeste e surleste. No seu interior dispón dunha vivenda palaciana. Este castelo álza-se sobre un outeiro escasamente elevado, non sendo estraño que fose un antigo castro, separábao un foxo defensivo no que había estacas e ponzóns pra maior defensa ante un ataque inimigo. Tamén se supón que na porta da entrada había unha ponte levadiza.
A torre de acceso conta cun arco oxival con dovelas graníticas, sen máis profusión que a do seu propio trazado (vestixio claro da época na que foi construído, século XV). Nin nas murallas nin nas torres quedan xa os vellos merlóns pentagonais de defensa que deixaban entre si os ocos das almeas, perdidas hai xa bastante tempo, aínda que non perderon a robustez e sobriedade propias destas construcións defensivas. A torre da homeaxe é máis alta, pois é a única de 3 alturas; na parte alta chama moito a atención a balconada de madeira orientada cara ó sur e sostida por grandes canzorros de pedra.
Os materiais utilizados son os que proporciona o entorno, é dicer, a pedra e a tella do país. A primeira en forma de boas pezas de cantería nas torres e nalgúns panos do edificio, onde tamén atopamos a cachotería. A cuberta é trazada en dúas augas onde se colocan distintas chemineas que non destacan polo seu tamaño, e que carecen de elementos decorativos.
Os que mandaron construir esta fortaleza foron os Moscoso. Pola documentación existente, sabemos que entre 1465 e 1466, o destemido pertegueiro maior do señorío de Santiago, Bernal Eáns de Moscoso, señor de Altamira, despois de facer prisioneiro na casa do Tapal de Noia ó seu inimigo o arcebispo compostelán Alonso de Fonseca II, mantívoo cautivo durante varios meses nos seus castelos de Ferreira, Mens e Vimianzo. Case un par de anos despois, este castelo, como outros moitos, foi derrubado pola Revolta Irmandiña de 1467. Derrotados estes en 1469, Moscosos e Fonsecas voltan as súas antigas loitas señoriais. Lope Sánchez de Moscoso, primeiro Conde de Altamira, detenta o mando da súa estirpe e trata de recuperar os territorios perdidos e fortalezas que perdera na guerra irmandiña. Aló polo ano 1472, un dos seus fidalgos lanceiros, García Martins de Barbeira (esposo de Sancha Lobeira, señora de Aplazadoiro), consegue reconstruir para o seu señor as derrubadas fortalezas de Altamira, entre elas as de Mens.
Desde aquela este castelo foi propiedade dos condes de Altamira até finais do século XIX. Durante 35 anos foi cabeza da máis pequena das 3 xurisdiccións da Costa da Morte, dos estensos estados de Altamira; gobernada por un meiriño que administraba xustiza no nome do Conde e cobraba as rendas tendo dereito a residir no castelo. No ano 1871, unha irmá do conde, María luísa Osorio de Moscoso, duquesa de Baena e condesa de Sevilla, empezou a se desprender dos moitos bens que a antes poderosa casa de Altamira tiña na Galiza. Entre outros bens, en 1872 vende o Castelo de Mens a Pedro Abelenda e Díaz de Andrade, familia moi arraigada nesta comarca, e tataravó do actual propietario Agustín Ordóñez, que foi quen acometeu no 1988 unha coidadosa e exemplar rehabilitación baixo a dirección do arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Esta rehabilitaión recibiría o premio Europa Nostra no 1993.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TROIANO CARRIL, X.: Revista Eixo nº 16, febreiro de 2002, pax.29 e 30.
– Ruta de las fortalezas, Asociación Neria, 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2973467662
Lonxitude: -8.86449694633
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84