Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Lousame
Parroquia: Lousame (San Xoán)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Fábrica de papel do Castro
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

É o exemplo máis significativo da actividade industrial relacionada co papel e os curtidos na comarca de Noia, xunto co aproveitamento da auga dos seus ríos. Fundada no 1863 como fábrica de papel polo ilustre matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Tratábase da fábrica de “El Castro”, da que Domingo Fontán era un dos socios fundadores, cecais o máis importante, pero non o único, como afirma Carré Aldao no libro “Geografía del Reino de Galicia”, coa que parece que o Estado contratou o “papel de oficio”. A principios de 1857 un incendio destrúe a fábrica de Fontán e compañía (nas aguas de papel figura o nome de FONTAN), pero foi restaurada e posta en funcionamento pouco despois, xa que en 1864 aparece no “Indicador” como propiedade de Domingo Fontán.
Domingo Fontán faleceu en 1866 e a fábrica aparece nos estados de 1879 e 1888 a nome do seu fillo Manuel Fontán Riva. Nos anuarios destes anos apareceu tamén en Noia a entidade “Fontán Hermanos” fabricantes de papel, cecais un establecemento exclusivamente comercial e postal. Esta estrutura, que se uníu á outrora importante industria do papel nos ríos Vilacoba e San Xusto, atópase na ribeira esquerda do río Vilacoba á altura do lugar de O Castro, na parroquia de Lousame.
É un edificio de planta rectangular con cuberta a dúas augas e con gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico, o que respondía a criterios funcionais: cumprían coa ventilación necesaria do interior para o secado do papel. Repítense dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegáballe a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba e trasportábaa cara á fábrica. O edificio atópase ao pé dun castro situado nun outeiro que o rodea nun meandro do río Vilacova chamado “Coto do Castro”, o cal serviu de canteira de pedra para a súa construción.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA010.pdf
pax.3 do pdf
http://www.concellodelousame.com/PDF/MemoriaI.pdf ( pax..115)
http://www.concellodelousame.com/es/turismo/sendeirismo/sendei.html
http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/129, (aporta moita bibliografía a Asociación Galega do Patrimonio Industrial)

Gayoso Carreira, Gonzalo. La fabricación de papel en Galicia del siglo XVIII a nuestros días

https://goo.gl/xzUF2J


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está cuberta pola maleza da beira do río


Onde está localizado

Latitude: 42.7924955761
Lonxitude: -8.84726643562
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84