Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Santiago de Pontedeume
Lugar: Pontedeume
Outra denominación do ben: Igrexa da Nosa Señora do Souto
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa posúe unha planta en cruz latina, con cúpula central rematada nunha pequena lanterna con cupuliña. Os muros, realizados en perpiaños de granito, son de carga, cunha cuberta a diferentes augas, segundo os corpos, con cubrición de tella curva.
A nave central posúe unha estructura aérea abovedada que se interrompe no cruceiro ó abrirse, sobre arcos de medio punto, unha cúpula da que parte a principal iluminación natural do templo. A ornamentación é de gran sobriedade, feito que destaca en contraposición cos elementos arquitectónicos.
Exteriormente, o edificio posúe unha rotunda volumetría, realzada pola fábrica dos seus muros, que presentan perpiaños de granito vistos. A decoración concéntrase na fachada principal, na que se sitúa unha ampla porta de entrada, de moldurón acoutado, flanqueada por semipilastras apegadas e, sobre o lintel, un elemento ornamental que busca unha simulación de tríglifos e métopas.
Sobre todo isto, ábrese un oco rectangular lixeiramente abucinado, que dá paso a unha base que sostén unha espadana realizada en 1817 e de características neoclásicas. Esta componse de dous ocos rematados en arcos de medio punto e, sobre eles, unha cornixa voada que sostén un frontón curvo partido no seu centro, onde se sitúa un pináculo rematado en bóla.
Esta igrexa, tamén chamada da Nosa Señora do Souto, foi mandada construir por Nuno Freire de Andrade no ano 1416, onde así o di unha inscrición nun sillar do muro exterior. A construción primitiva era coñecida polo nome de Igrexa de Nosa Señora do Souto, mais dela non fica casi ren, pois foi reedificada entre os anos 1672 e 1680 grazas á axuda económica do indiano Andrés Copeiro. Da primitiva igrexa so se conserva un escudo dos Andrade e o tímpano da porta coa imaxe da Virxe.
No seu interior destaca o seu retablo maior churrigueresco do século XVII e realizado moi posiblemente por Alfonso González. Posúe columnas salomónicas e relicarios.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña”, Vol.IX. Deputación Provincial da Coruña, 1997. (Texto integro).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEDEUME/documents/28003ca003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4054333219
Lonxitude: -8.16845029593
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84