
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontedeume
Parroquia: Santiago de Pontedeume
Lugar: Adro da igrexa das Virtudes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma octogonal de tres chanzos e pedestal pentagonal. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. No ten capitel e a súa cruz é rectangular con pedestal e remates con flores. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación pese a estar bastante erosionado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, vol III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4055151651Lonxitude: -8.16887944937
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84