Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: O Pío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas situado nunha casa particular preto dunha ponte nova sobre o río Almofrei. Consta de dous corpos separados. No inferior vese un oco entre dúas columnas que serven de soporte a un frontón curvo. Na cornixa do frontón pódese ler o seguinte epígrafe:

HERMS· DEBOTOS DE LAS BENDITAS ANIMAS DEL PVRSTº

Pola faceta inferior do frontón vese o espírito santo en forma de pomba. No interior do oco hai un relevo con Cristo na Cruz e a ambas beiras dúas estrelas ou flores, debaixo delas están as imaxes de San Xoán e Santa María. Na parte inferior do relevo hai tres ánimas entre as lapas do purgatorio. A ánima do centro leva unha mitra.

O corpo superior dispón de máis figuras. Na parte superior unha cuberta a dúas augas con forma circular na unión das dúas vertentes. Enriba delas hai dúas cabezas. Debaixo da cabeza, e flanqueadas por dous soldados con chacó (gorro militar en forma de cono truncado e viseira) e carabina con baioneta calada, unha custodia. Enriba desta un paxaro inscrito nun circulo; e debaixo, dúas mulleres en aptitude orante. Ademais, hai un epígrafe onde se cita ao doante e a data do peto de ánimas:

AÑO DE 1851
FVE DEBOCION D. DIEGO CERVINO

Rodríguez Castelao dedicou un debuxo deste peto de ánimas no seu libro “As Cruces de Pedra na Galiza”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar) Vigo: Editorial Galaxia, 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. Lámina XVI.

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf

LIGAZÓNS EXTERNAS:
Xoan Arco da Vella “PETO DE ANIMAS DE BORA” Galicia… o paraíso existe, 31-03-2013 [Consultado en 29-04-2014] Dispoñible en: http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2013_03_01_archive.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4448660308
Lonxitude: -8.58556598425
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84