Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: As Pontes
Outra denominación do ben: Peto de ánimas de Pontebora
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O peto acaróase ao muro de pedra que delimita unha finca. Esta formado por un relevo ou retablo no que se mostra a Cristo na cruz cuxos pés se posan nunha caveira sobre dúas tibias. A ámbalas dúas beiras vense dúas figuras: San Xoán e a Virxe María. Debaixo deles dispóñense as tres ánimas entre as lapas do inferno. O conxunto está acubillado por unha cuberta prominente a dúas augas feita en dous bloques de cantería de granito.

Hai evidencias de devoción nas velas e ofrendas florais depositadas na base do peto.

Está situado a poucos metros da ponte medieval de Bora, chamada dos Franceses.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao: “Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra”. Ir Indo Edicións,
Vigo 1998.

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4460733768
Lonxitude: -8.58281672001
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84