
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Xeve (Santo André)
Lugar: Santa Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro elévase sobre unha plataforma de planta cadrada con catros chanzos, sendo os dúas últimas moldurados. O baseamento é de perfil rectangular cos lados maiores horizontais ó chairo. En cada unha das súas facetas está labrado o mesmo motivo xeométrico. O varal, de sección cadrada na súa base, pasa a ser oitavado a un palmo de altura e amosa dúas fornelas polas beiras esquerda e dereita na súa altura media. Na esquerda vese unha imaxe con esclavina adornada con vieiras, un libro na man esquerda e un bastón na dereita. Aínda que non leva barba nin leva a cabeza cuberta, podería ser Santiago Apóstolo. Pola outra beira, unha figura cunha cruz en aspa, Santo André, patrón da parroquia.
O capitel amosa volutas angulares superpostas a unha moldura. Sobre ela erguese a cruz. No anverso, Cristo en relevo acompañado pola Virxe María e San Xoán. No reverso, a Virxe María en aptitude orante, erguida sobre un pedestal.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4699265512Lonxitude: -8.57766419649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84