Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Fisterra
Parroquia: Sardiñeiro (San Xoán)
Lugar: Sardiñeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de salón, con grosos muros e dunha soa nave. O presbiterio, de grandes dimensións, ten planta rectangular e está separada da única nave por un arco triunfal sobre pilastras. Cóbrese con bóveda de canón e acada unha grande altura. Tres portas dan acceso á nave: a principal polo oeste e dúas transversais de menor tamaño nos muros norte e sur, e con escasa decoración. A nave cóbrese cunha bóveda de canón articulada mediante cinco arcos faixóns que se apoian sobre ménsulas rematadas nunha pequena prancha cúbica. Ós pés da nave aparece un coro alto de madeira soportado por catro modillóns.
A capela maior sobresae en altura é cóbrese cun tellado a dúas augas ó igual ca nave. O paramento é de aparello de cachotería agás na fachada, que posúe perpiaños de tamaño irregular.
A fachada actual, neoclásica, conserva do estilo barroco a moldura da xanela. Seguendo un esquema pentagonal e no eixo vertical, organízase de abaixo arriba, a porta en arco de medio punto moldurada. Sobre o ingreso vai unha ménsula e sobre ela aparece a figura de San Xoán Bautista, santo titular do templo, que fica mesmo no centro-baixo da xanela rectangular xa mencionada anteriormente e, rematando o conxunto unha espadana engadida no ano 1900, dun único corpo formado por dous arcos de medio punto onde se sitúan as campás e rematada por un tellado a dúas augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”, vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9479239492
Lonxitude: -9.2387509346
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84