Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: -- / Betanzos / Betanzos (comarca)
Parroquia: San Pedro das Viñas (San Pedro)
Lugar: As Angustias - Rúa Madalena, 10
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Capela da Madalena está inserida no antigo Hospital de Lazaretos creado no barrio da Madalena, que xa no século XV era empregado como “hospital a ceo aberto” por ter o lugar unha serie de caracterísiticas necesarias para o coidado das persoas leprosas: estar extramuros da cidade, ter auga, terras, lagar e capela.

A edificación que existe na actualidade é unha reedificación de finais do século XVIII. Feita en cantaría, posúe planta lonxitudinal dunha nave e está cuberta a dúas augas. Na fachada principal ábrense, seguindo o mesmo eixe, a porta e un rosetón, coroándose por unha pequena espadana dun só corpo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

Imaxe no retablo de María Madalena, San Roque vestido de pontifical e San Lázaro. Táboas pintadas pola man de Fernando Reymóndez Figueroa coas representacións de San Xoán Evanxelista, San Lucas, San Marcos e San Mateo.


Tradición oral:

Un dos maiores valores da capela ven dado pola tradición oral. O feito de ser o núcleo dun antigo barrio usado coma Hospital de enfermos de lepra liga a este ben a unha serie de lendas. A figura do San Lázaro rememora o pasado do lugar, unido á celebración todos os luns de Pascua da festa do barrio (ca ofrenda ao santo para evitar problemas de pel no resto do ano). É habitual neste día probar os primeiros viños do ano e consumir cacahuetes, non se sabe moi ben se por ser un alimento similar ás feridas do santo ou por ser un consumo habitual nas diferentes bodegas do viño do país que existiron no barrio. Dita festa está considerada a máis antiga da cidade, datada xa a finais do século XV, onde a celebración ía parella dunha axuda para os enferemos que alí residían. Dentro da capela pódense encontrar os bancos inferiores separados dunha parte superior, con zona de acceso independente, para evitar o contacto entre os enfermos e as persoas que visitaban a Madalena.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

CARRO OTERO, José; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Carlos; GARCÍA CORTÉS, Rosalía: “Reedificación, en 1789, de la Capilla del antiguo “Hospital de Lazarados” extramuros de la ciudad de Betanzos”, en Anuario Brigantino, 1987. Dispoñible
http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1987PDF/1987%20051_070.pdf

MONTERROSO MONTERO, Juan Manuel: “Un capítulo en la pintura brigantina: el Santuario de Nuestra Señora del Camino y Fernando Reymóndez Figueroa”, en Anuario Brigantino, 1997. Dispoñible en http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1997PDF/1997%20239_250.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non ten maior perigo que a falta de uso e de limpeza. Recentemente retirouse a vexetación do tellado.


Onde está localizado

Latitude: 43.2835356334
Lonxitude: -8.21897774935
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84