Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Muíños
Parroquia: Farnadeiros (San Pedro)
Lugar: Farnadeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta igrexa, construída no ano 1775 a base de perpiaños graníticos, consta dunha nave con planta rectangular á que se lle engade unha dependencia destinada a sancristía. Posúe un teitume a tres augas con tella do país.
Na fachada destaca a porta principal, lintelada e con orelleiras. Na súa parte superior aparece un pequeno óculo rectangular. Remátase nos laterais con pináculos de bolas e
cornixa curva ata a repisa da espadana.
A espadana posúe un primeiro corpo inferior con arcos peraltados xemelgos con campás, rematado con pináculos de bolas. O corpo superior presenta un remate de trazado curvo, cun arco peraltado e óculo superior.
O conxunto remata cunha pequena cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUINOS/documents/27645ca010.pdf (Páxina 15)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=24158&ctre=31&langId=gl_ES


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9875131796
Lonxitude: -7.93447583914
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84