Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Zas
Parroquia: Santiago de Loroño
Lugar: Romelle
Outra denominación do ben: Torres de Romelle
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo de Romelle, sitúase nun outeiro que domina as freguesías de Loroño e San Adrián de Castro, presenta un excelente aspecto posto que se restaurou por completo nos anos noventa, tanto no exterior como no interior. Na actualidade habítano temporalmente os seus donos actuais, que o manteñen en moi bó estado.
Protexen o pazo varios carballos e na súa entrada presenta unha zona coidadosamente axardinada, sendo un dos mellores xardíns de toda Costa da Morte. No xardín póde-se ollar unha gran fonte con pileta circular e surtidor sostida por varios piares. A ela accédese por unha escalinata de cantería de dous tramos. Nos muros exteriores deste magno edificio hai dous escudos. Nun deles aprécianse o piñeiro con cinco lanzas a cada lado da familia Caamaño, e no outro, o emblema dos Moscoso de Altamira, a cabeza de lobo. O pazo esta cinguido pola finca e unha muralla con boas vistas sobre o val.
Esta foi vivenda dunha pola dun ilustre apelido galego -os Caamaño- que posteriormente entroncarían por vía matrimonial con Grandes de España. O primeiro señor deste pazo foi Alvaro de Caamaño, a quen sucedeu no morgado o seu fillo Xurxo Vázquez de Caamaño, que testou en 1560 en Romelle ordeando que o soterraran na vila de Noia, na igrexa de Santa María a Nova. A principios do século XVIII, era dona do couto Aldonza Varela, propietaria, entre outras cousas, dos bens que traballaban 19 labregos. No antigo réxime, o couto de Romelle disfrutaba dun réxime especial dentro da xurisdición señorial do Xallas, á que pertencía a freguesía de Santiago de Loroño. Xallas era xurisdición de Abadengo, administrada polo arcebispo de Santiago, a escepción de catro coutos do seu territorio: Alón, Romelle, As Hedreiras e Arantón. Os 3 primeiros tiñan xuíz própio nomeado polo señor do couto, con xurisdición civil e criminal. Para os demáis efectos participaban da vida administrativa do Xallas como outros engadidos, xa que, ante as reducidas dimensións, eles mesmos solicitaban a agregación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
TROIANO CARRIL, X.: Revista Eixo, ano 2002, número 17, pax. 30-31.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.085556445692426Lonxitude: -8.927974104881286
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84