Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Muíños
Parroquia: Muíños (San Pedro)
Lugar: O Rañadoiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de gran tamaño asentado sobre unha rocha natural, feito a base de perpiaño granítico.
A fornela é de tipo pechado. Posúe un arco rebaixado sobre repisa que remata cunha cornixa de cuarto bocel. No seu interior aparece un alto relevo en pedra con restos de policromía, no que destaca o Espírito Santo, e o Redentor sobre querubíns portando a bóla do mundo. Aparece tamén Santo Antonio de Padua co Neno, e unha santa orante sobre peaña: Na parte inferior aparecen as ánimas.
Pola parte exterior e por riba do fornelo aparece a seguinte inscrición:
“HIZOSE A LA DEVOZION DE Fo Rz EN”.
O conxunto posúe unha reixa de ferro de barrotes flordelisados.
O peto remata nunha cruz de pedra no centro e dous pináculos nos esquinas.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUINOS/documents/27645ca004.pdf (Páxina 14)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17673&ctre=56&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ao lado do peto aparece unha sinal de tráfico que afea o conxunto. Comentar tamén que o peto funciona como rotonda de tráfico, co perigo que isto conleva.


Onde está localizado

Latitude: 41.953538917
Lonxitude: -7.99035161734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84