Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Muíños
Parroquia: Barxés (Santa María)
Lugar: Seoane de Taboadela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa do século XVII de unha soa nave grande, construída a base de perpiaños graníticos e teitume a tres augas nos corpos laterais e a catro no presbiterio. Posúe cornixas molduradas no entroque co tellado, e os esquinais se resolven con falsas pilastras.
Na fachada principal destaca a súa porta de aceso con arco de medio punto, decorado con casetóns contendo floróns e decoración lisa e vexetal, pezas de canteiría das xambas imitando pilastras, e querubín na clave.
Por riba da porta podemos ver un pequeno óculo circular moldurado.
A espadana posúe dous corpos: o inferior de dous arcos xemelgos con campas e o superior con frontón triangular cun oco. Posúe aletóns que serven de asento aos pináculos. o conxunto coroase cunha cruz
No seu interior destaca o retablo maior de 7 metros de longo por 6,5 de alto, que combina a escultura en vulto redondo con relevos da Trindade, a Natividade de María e o Nacemento de Xesús. Consta dun corpo principal dividido en tres rúas e un ático.
O retablo, do primeiro terzo do século XVIII, é obra do mestre canteiro Gregorio Álvarez de Araújo: No seu momento custou 5.430 reais. Foi restaurado no ano 2005.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUINOS/documents/27645ca010.pdf (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=24168&ctre=31
http://turismourense.com/ver/ver_concello/112
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/04/17/3645579.shtml
BIBLIOGRAFÍA
Pérez Domínguez, José. “El retablo mayor de la Iglesia de Santa María de Barxés” en PORTA DA AIRA: revista de historia del arte orensano, ISSN 0214-4964, Nº. 9, 2002, págs. 81-102
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.967854629Lonxitude: -7.95437005767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84