Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Monte dos Bicos, Punta Herminia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A pedra onde se atoparon estos petróglifos, foi descuberta por D. Santiago de la Iglesia despois de descubrir os petróglifos do “Altar” polo seu pai D. Alfredo Mº de la Iglesia no ano 1895. Nun documento manuscrito do ano 1897, S. de la Iglesia menciona o descubrimento por el mesmo doutras dúas rochas gravadas preto das do “Altar”, a unha delas chámaa “Pena da Brúxula”, situada con respecto á do Altar, “a 32 pasos…en dirección del occidente…”, cunhas medidas de 8,60m por 4 m e gravados similares a principal, aínda que en menor número. A rocha fora tapada con terra, a instancias do propio de la Iglesia, debido a que logo da súa descuberta sufrira diversas agresións por algún pastor da zona.
A principios do ano 2014, foi redescuberta debido a que os gravados quedaron o aire libre debido as abundantes choivas e ao mal tempo, que fixeron que nestes momentos poidamos ollalos. Está composta por nove figuras cruciformes, tres delas con base circular e as demais situadas enriba destas tres, pero cun trazo moi feble, non sendo doado de percibilas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15030019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BELLO DIEGUEZ, J.M.: “Los petroglifos de Punta Herminia y el polvorín de Monte Alto”, 1988.
BELLO DIEGUEZ, J.M.: “La Coruña antes de Roma, prehistoria”. Vía Lactea editorial. (páxs. 45-55).
TETTAMANCY GASTÓN, F.: “La Torre de Hércules”. Edición facsimil de 1991. Editado por Librería Arenas, A Coruña.
CABRÉ Y AGUILÓ, J.; GONZÁLEZ DEL RÍO, J.E.: “Los gravados rupestres de la Torre de Hércules”, 1915.
DE LA IGLESIA GONZÁLEZ, F.M.; DE LA IGLESIA, S.: Arquivo familiar de “De La Iglesia”. Real Academia Galega.
Revista de Archivos Bibliotecas y Museos; López Cuevillas, 1952.
“Cuestións arqueolóxicas e museolóxicas: revisión dende o Museo Arqueolóxico de A Coruña”, 1994.
ABELANET J.: – Signes sans paroles. Cent siècles d’art rupestre en Europe occidentale, 1986, 352 p., 74
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/27775ca302.pdf(páx.3).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3876322219Lonxitude: -8.39858986437
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84