Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Muíños
Parroquia: Cados (Santa María)
Lugar: Barrio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Ermida do século XVIII, probablemente construída sobre un templo anterior. Construída a base de cadeirado granítico, posúe planta rectangular dunha soa nave co presbiterio máis elevado. O seu teitume é a dúas augas na nave e a catro no presbiterio, con remates en pináculos neste último.
Na fachada principal atópase a porta de entrada lintelada, e dúas pequenas ventás nos laterais. Remata cunha espadana fraqueada por aletóns, Consta de dous corpos no que o inferior contén volutas e un arco, e o superior de forma triangular cun óculo e remate con cruz de pedra.
Pegado ao muro exterior atópase un altar

No interior hai un retablo policromado con columnas corintias.

A iglesia, rodeada dun cerco feito en pedra, atópase nunha área recreativa.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Contan que no lugar onde se atopa esta igrexa, antigamentese xuntaban os veciños para convocar a defensa dos mouros.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUINOS/documents/27645ca010.pdf (Páxina 8)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=24181&ctre=31
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/muinos/clamadoira.html
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/09/09/734123.shtml?idioma=galego


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.946815543
Lonxitude: -7.98771500587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84