Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Arcos (Santiago)
Lugar: Rego Sanchaferros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Típico muíño de rodicio, sinxelo e elemental, de planta rectangular situado na beira dereita do rego Sanchaferros, cunha canle de abastecemento que colle a auga máis arriba e que no seu tramo final, salva o desnivel por medio dunha canle labrada que se conserva moi ben na súa maioría, formada por pedras dispostas horizontalmente o que consegue un destacado efecto compositivo, estando sostidos no aire por piares. A canle que está situada pola cara leste, desemboca no tanque. A edificación do muíño e de planta rectangular de muro de cachotería e teitume de pedra a unha auga con penales de cantería. Pola beira longa que mira ao rego, cara ó oeste, temos a boca do inferno e enriba un pequeno van cuadrangular cun oco circular amodo de xanela e outro oco circular para desbotar líquidos a modo de pileta. No lado sur temos outro van similar ó anterior, aínda que como mellor se ven é dende ó interior. A porta atópase polo lado norte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9096884909
Lonxitude: -9.10750776529
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84