Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: Lobios (San Miguel)
Lugar: Fondevila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa construída no ano 1775 a base de cadeirado granítico de boa factura. A súa planta rectangular contrasta coa maioría das igrexas parroquiais de A Baixa Limia, de planta en forma de cruz latina.
A igrexa destaca polo seu campanario, que sobresae da fachada principal, centrado e separado do corpo do templo, o que permite a creación de pórticos na súa base sostidos por pilastras. A torre divídese en tres corpos decrecentes cun zócalo elevado e unha gran balaustrada. Remata nunha pequena cúpula sobre un tambor cego adornado con pináculos rematados en bolas.
A Capela Maior actual edificouse en 1775 sendo abade Don Manuel de la Llana, segundo unha inscrición que aparece na ábsida.

No interior destaca o retablo do altar maior realizado en madeira policromada, formando tres corpos nos que se atopan as imaxes dos santos San Miguel, San Sebastián e San Xoan Bautista. Tamén os retablos laterais, coas imaxes de Santa Teresa, a dereita, e Santo Antonio, a esquerda.
Os paneis da cuberta en madeira posúen as representacións dos apóstolos, a Trindade, e a Cruz co ceo estrelado no centro.

O aceso ao adro da igrexa faise a través de dúas portadas laterais que rematan en sendas escalinatas con pasamáns.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa atópanse dúas pías bautismais que poderían ser dos séculos XII ou XIII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOBIOS/documents/0447CA003.pdf (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=5285&ctre=31&volverFicha=true
http://turismourense.com/ver/ver_concello/2
http://www.lobios.org/c/ayto/turis/igpalo.htm

BIBLIOGRAFÍA
Araujo Fernández, Noelia, Xusto Rodríguez, Manuel, González Carballo, Juan Manuel, Rodríguez González, Avelino, Seara Valero, José Ramón. GUÍA DO PATRIMONIO DO CONCELLO DE LOBIOS. Concello de lobios. 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9043252406
Lonxitude: -8.08392316103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84