Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: Río Caldo (Santa María)
Lugar: Padrendo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa construída a base de perpiaño granítico no ano 1818, con tres naves e planta en forma de cruz latina coa sancristía pegada ao presbiterio. Teitume a dúas e tres augas con tella curva do país.
Na fachada podemos ver unhas pilastras pseudodóricas con capiteis estratificados nos extremos, que enlazan coa cornixa, servindo de asento aos pináculos. A porta de acceso aparece enmarcada con baquetóns acodados. Por riba dela unha fornela coa imaxe da Inmaculada, e ventá moldurada. A espadaña consta de dous corpos.
No interior destaca o seu retablo maior, organizado en dous corpos decrecentes e compartimentado en tres rúas. O sagrario,cde estrutura torreiforme, posúe os relevos da Anunciación, Fuxida a Exipto e Adoración dos Pastores.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOBIOS/documents/0447CA006.pdf (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=23792&ctre=31&volverFicha=true
http://turismourense.com/ver/ver_concello/3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8736113255Lonxitude: -8.11470150948
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84