Outra fotografía:
Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Lugo
Parroquia: Lugo
Lugar: Lugo
Outra denominación do ben: A muralla romana de Lugo
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
A Muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas caraterísticas que se conserva no mundo. Comezou a súa construcción probablemente contra o ano 260, ó medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construcción alongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.
O perímetro da Muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12 metros, sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o Camiño de Ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. Estaba sito a uns 5 m das torres e tiña unha anchura de 20 metros e unha profundidade de 4. Na actualidade só quedan vestixios do mesmo, sendo documentado en 1987 mediante diferentes estudos arqueolóxicos. Comprobouse que non era un foxo continuo, senón que estaba formado por diversos tramos independentes con encontros axustados. Tiñan no fondo unha serie de canles cuxa finalidade está sen definir.
En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.
A muralla foi construída con laxas de lousa e bloques de granito. As lousas forman o armazón exterior da muralla e os bloques de granito foron empregados sobre todo para reforzar as torres que franqueaban as portas. O núcleo da estructura é un morteiro fabricado con terra, pedra solta e cantos, e cementado con auga.
Inicialmente a Muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Co paso dos séculos e de múltiples conflitos sucedidos na cidade, pouco a pouco as torres da cidade foron caendo e foi perdendo a súa función militar, co que se foron abrindo sucesivamente novas portas ata chegar ás dez que hai actualmente. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrucción, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descripción. O 6 de outubro do 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Patrimonio da Humanidade
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– A Galicia Romana, Tomo III, Volume 1: A Conquista Romana. Ocupación do territorio e cultura material. José Manuel Caamaño Gesto.
– Lucus Augusti, Antonio Rodríguez Colmenero
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0087386703Lonxitude: -7.55913555622
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Mai 9, 2016
Noticia deste ben na prensa escrita do 7 de maio de 2016:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2016/05/07/obras-muralla-destapan-restos-torre-medieval-puerta-san-pedro/0003_201605L7C3991.htm
Oscar Franco says:
Xul 2, 2016
A casualidade mostra que a Muralla de Lugo aínda garde algunhas sorpresas. A noticia dunha entrada na muralla aparece na prensa escrita do 1 de Xullo de 2016:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/566454/los-arqueologos-hallan-la-entrada-un-tunel-en-la-muralla-de-lugo
Oscar Franco says:
Xul 28, 2016
Este fantástico monumento índa garda segredos.
Dúas noticias do 28 de xullo de 2016 relacionadas coa muralla falan da localización dun sistema de canalizacións, e a cronoloxía do túnel atopado recentemente:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26576
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2016/07/28/situan-medievo-origen-unico-tunel-hallado-muralla-lugo/0003_201607G28P34991.htm
Oscar Franco says:
Set 3, 2017
Comezan os traballos de restauración e reconstrución de catro dos cubos desta muralla:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2017/08/25/xunta-desmontara-completo-cuatro-cubos-muralla-lugo/00031503657954829300565.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2017/08/26/xunta-reconstruira-cuatro-cubos-muralla-lugo-evitar-desplomes/0003_201708G26P34991.htm