Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Domaio
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O Chan da Arquiña está situado a unha altitude considerable, uns 500 m sobre o nivel do mar, ó pé do Xaxán.
O dolmen do Chan da Arquiña está moi enterrado na súa mámoa ovalada. Consérvase en moi bo estado. Presenta unha tipoloxía típica: cámara poligonal e corredor orientado cara o leste.
A anta componse de 11 chantas na cámara e 5 no corredor. A cámara está recuberta por unha tampa e catro lousas cobren o corredor. No interior hai restos de ocre, o que pode indicar houbo pinturas.
A particularidade deste dolmen é que presenta un corredor incipiente; é dicir, que non se sabe se é un corredor ou unha segunda cámara, para facer ofrendas.
Nas escavacións dos anos 50 atopáronse restos dun enxoval funerario composto por utís de pedra e restos de cerámica, de vaso campaniforme.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BARCIELA GARRIDO, Pilar e REY, Eusebio (2000) Xacementos arqueolóxicos de Galicia,
Ed. Xerais, Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O dolmen atópase nunha área de recreo moi ben coidada, cun souto, mesas para comer, etc. Pero o perigo é que non hai a suficiente separación entre o dolmen e as mesas e barbacoas. Deste xeito réstaselle importancia ó xacemento, co perigo de que os rapaces salten enriba del. Dá a impresión de que é unha barbacoa máis.
Onde está localizado
Latitude: 42.320059545Lonxitude: -8.69796663523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
franjopadin says:
Set 21, 2011
Catalogado nas Normas Subsidiarias Municipais de Moaña (ficha A-16),
co grao de protección “arqueolóxica”.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/0824CA002.pdf
candepalleiro says:
Set 22, 2011
Este dolmen ten a consideración de Ben de Interese Cultural en virtude da Resolución do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural,pola que se acorda dar publicidade á relación de xacigos megalíticos con arte rupestre e se ordena o seu asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural.
Manuel Rial says:
Set 22, 2011
Non tiña nin idea! Vouche copiar o texto para actualizar o dato
dos xacementos xa catalogados con arte rupestre. Gracias!
franjopadin says:
Set 22, 2011
É verdade, compañeiro. Inclúo o dato na ficha, e o texto da resolución:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5fa9891f59e2457bc125786b0047f140/$FILE/07000D005P012.PDF
Eloy Martínez says:
Abr 15, 2016
https://skfb.ly/NnXY
Velaquí vai un modelo 3D do dolmen de Chan Da Arquiña 😉
elixiovieites says:
Abr 16, 2016
O Chan da Arquiña en Sketchafab. Eloy Martínez Soto
https://sketchfab.com/models/af71d2eb4a4346808c6393c4f7bb8719