Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: As Pontes
Outra denominación do ben: Ponte do Cruceiro, Ponte Medieval de Bora
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Ponte Vella de Bora é chamada así por unha batalla que aconteceu no lugar un 20 de febreiro de 1809 contra as tropas napoleónicas na Guerra de Independencia e da que hai unha placa conmemorativa a carón da mesma. Está situada sobre o río Almofrei, a poucos metros de onde este desemboca no Lérez. Consta de dous arcos, de medio punto e cuns oito metros de luz o máis pequeno; e apuntado cuns 10 metros de luz o outro. Posúe un tallamar no piar central a contracorrente, varanda baixa e está atravesa por unha calzada de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Rodríguez Fraiz deixa constancia da práctica a media noite do bautismo no ventre da nai coa axuda dun descoñecido. Era un costume moi estendido que se practicaba nas pontes cando había dificultades no embarazo e perigaba a vida do feto.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PORTELA PAZ, Agustín; RODRÍGUEZ FRAIZ, A.: “As pontes do Lérez”. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 1987.
“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural” Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA004.pdf
“Catálogo de edificacións e elementos a conservar da cidade e do rural″ Diario Oficial de Galicia, 24-05-1994. Nº 98. [Conculta 14-02-2014] Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/9008NO002.pdf
“Bora luce su puente medieval restaurado tras una inversión de 8.000 euros” Faro de Vigo, 01-08-2012 [Consultado en 29-04-2014] Dispoñible en: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/08/01/bora-luce-puente-medieval-restaurado-inversion-8000-euros/670319.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4458695151Lonxitude: -8.58305007219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios