Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Fene
Parroquia: Sillobre (Santa Mariña)
Lugar: San Marcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Entre as parroquias de Regoela (Cabana) e Sillobre (Fene). No século XIX construíuse unha capela no lugar que ocupaba un antigo marco que diferenciaba distintos coutos xurisdiccionais e logo os concellos de Fene e Cabanas; por isto a ermida era coñecida como “a capela do marco”. Mais esas, hai motivos para pensar que a pedra tivo con anterioridade outras funcións. Na actualidade atópase inserida no muro posterior da sancristía engadida á ermida a mediados do século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Ata o 1944, xunto a capela celebrábase unha feira anual o día 25 de abril, data da celebración de San Marcos, con orixe uns cen anos antes, onde as xentes levaban o gando (vacas, ovellas, porcos, cabras, cabalos…) para preservalo dos males e para que tivesen descendencia, cumprindo co ritual de dar sete voltas arredor da capela para logo levalos a beber auga á coñecida como Fonte do Santo, que mana non moi lonxe, despois de cruzar o río Belelle, onde segundo a tradición apareceu unha imaxe do San Marcos no ano 1817 ao arar a terra. Mais, ao parecer, o ritual que a partires do século XIX se facía arredor da ermida xa se practicaba con anterioridade, dando as sete voltas arredor do marco que dende tempo inmemorial chantaba no lugar. Estariamos, unha vez mais, ante un lugar pagán cristianizado, mudando o nome de O Marco, polo que sería coñecido, polo de San Marcos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/tres-pedrafitas-no-concello-de-fene.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4647889428
Lonxitude: -8.12400341034
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84