Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Fene
Parroquia: Barallobre (Santiago)
Lugar: Barallobre-Cemiterio Novo de Fene
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situada a uns cento cincoenta metros do novo cemiterio municipal. Pola construción dun depósito de auga foi desprazada da súa posición orixinal. No lugar había un campo de mámoas, dúas das cales, ao menos, desapareceron cando as devanditas obras. Ten uns 3,50 metros de alto e máis de tres metros de perímetro. Nas caras máis anchas e lisas vense media ducia de incisións de forma tirando a ovaladas que, sen dúbida, teñen trazos de seren feitas por man humana.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Un veciño contounos que a pedrafita perdeu parte da súa masa cando a paleadora a derrubou primeiro e logo volveu a fincala no chan. O nome de Pedra da Arca venlle porque o lugar é coñecido como Campo da Arca, nidia referencia ao campo de mámoas onde só puidemos localizar un túmulo comido pola matogueira e plantado con eucaliptos; ao parecer, xusto onde se construíu o depósito tamén había, ao menos, un par de enterramentos en cuxo interior agochaban unha cámara megalítica.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/tres-pedrafitas-no-concello-de-fene.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4533924317Lonxitude: -8.17739009857
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84