
Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Os Milagros
Outra denominación do ben: Porta principal dos Milagros
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Antiga capela do Rosario de claro estilo renacentista, que estivo situada no trascoro da catedral de Ourense, e sobre ela situábase un maxestoso órgano.
En 1937 decidiuse retirar o coro, e a capela trasladouse o interior do patio do Seminario de San Fernando.
Tras varios anos de estar as pedras alí tiradas, Elixio Rivas Quintas solicitou ó bispado o seu traslado ó Santuario dos Milagros. Actualmente vémola recolocada como porta principal de entrada ó adro do Santuario. Onde podemos observar a súa decoración, que destaca sobre todo no interior do arco carpanel, tamén no lateral do lado exterior do adro, onde sobresaen as columnas estriadas e rematadas con volutas nos capiteis.
O retablo de esta capela, feito por Juan de Angés, construíuse simultaneamente ca sillería do coro, actualmente está situado na capela de San Lucas na nave lateral da esquerda.
Simultaneamente coa terminación das obras do coro, construíronse os órganos, e Bautista Celma daba principio as reixas que cerraban o coro, o igual que as da capela de San Lucas e as do trascoro ou do Rosario, en la nave central.
O 24 de marzo de 1589, O bispo D.Pedro González de Acebedo fixo solemne festa de inauguración, entrando procesionalmente no coro e cantándose nel un Te Deum en acción de grazas. Aínda que realmente non se rematarían as obras ata que en 1590 varios mecenas fixeron a súa aportación para rematalas. Como o bispo de Salamanca D. Fernando Tricio que deu 900 ducados, co que se acordou colocar o seu escudo de armas no coro ou a familia Nóvoa, señores de Vilamarín, cos que se concertou a construción de esta capela trascoral e a súa rexa de peche, podemos ver a seguinte lenda nunha das tumbas:
“Es de los señores Nóvoas de Villamarín, que aquí hizo trasladar D.Juan de Nóvoa Villamarín, Tesorero de Sevilla, hijo de García Rodríguez de Villamarín y doña Inés Ribadeneira, señores de la Casa que fundó esta capilla. Año de MDLXXXXII”.
O 9 de Xuño de 1592 firmou convenio Don Juan de Novoa Villarnarín, con Manuel Arnao Leytao, para pintar e dourar o retablo e a súa capela de “Nuestra Señora del Rosario”, no que se sinala que …
“se han de dorar las molduras de piedra así de cornisas como de arquitrabes y de pilastrones)’ de arcos)’ basas y capiteles de columnas … y todos los florones y molduras y cartelas del hueco del arco y los campos de la dicha obra han de ser de blanco y azul y en los frisos, así de arcos como de pilastrones, se harán de grutescos de diferentes colores.
En los cuatro entrepaños fronteros de los intercolumnios, se harán cuatro historias … En el hueco de los dos arcos de los entierros se harán en las fronteras dos historias al fresco o al óleo y en los lados sus artesones y florones de colores…
Las ropas de las figuras estofadas….
En el pedestal se harán cuatro historias al óleo y en los seis resaltos de los billates, seis figuras, las que fueren señaladas por el dicho Tesorero …
En la pared dentro del arco de las sepulturas, se han de pintar dos escudos de armas” …
A obra foi axustada en 240 ducados, servíndolle de fianza Roque Salgado(entallador) e Pedro Vázquez(pintor).
Ocupaba o coro as tres bóvedas da nave maior inmediatas ó cruceiro e de aquí se desmontou en 1937. Motivaba esta decisión por lograr unha maior amplitude para o culto, maior visibilidade para o seguimento das cerimonias solemnes e un máis cómodo acondicionamento da capela maior. E así destruíuse a integridade de unha das sillerías corais do manierismo templado do último terzo do século XVI máis notable de España.
Cando se desmantelaron o coro e a capela do trascoro, simultaneamente tamén se retiraron os órganos que foron regalados a distintos templos. Parece que algúns dos materiais de estes instrumentos foron aproveitados para construír o actual órgano da parroquia de Santa Eufemia do Norte (Santo Domingo) e o do Santuario dos Milagros (Vid. Duro Peña, Op. cit., p. 296, González Paz-González García, Op. cit., p. 689).
Foto-2: http://www.bildindex.de na súa situación inicial.
Información: Javier Torres
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/03/09/0003_201103O9C9993.htm
http://books.google.es/books?
http://www.bildindex.de/#|6
http://obufodasburgas.wordpress.com/2013/01/05/el-coro-de-la-catedral-auriense/
http://liturgia.mforos.com/1699118/8008478-trascoros/
José Hervella Vázquez: Diccionario de artistas portugueses de los siglos XVI-XVII.
Javier Garbayo Montabes: Notas sobre la historia del órgano en la catedral de Ourense.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2324417595Lonxitude: -7.62999415398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Gavilanes67 says:
Mai 2, 2014
Outra imaxe da súa situación inicial:
https://www.ateneodemadrid.com/index.php/esl/Biblioteca/Coleccion-digital/Placas-de-cristal/1174
Jorge says:
Mai 2, 2014
Non coñocia este dato,pero a porta nos milagros vese ven conservada
Gavilanes67 says:
Mai 2, 2014
Pero perdeuse a decoración, pinturas etc