
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: -- / Riotorto
Parroquia: Órrea, A (Santa Comba)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben: Mosteiro de Donas de Santa Comba de Órrea
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Trátase da igrexa orixinaria do Mosteiro de “Donas” de Santa Comba de Órrea, de finais do século XII, aínda que sufriu sucesivas modificacións ao longo dos séculos. É un edificio de planta lonxitudinal con presbiterio rectangular, arco de acceso primitivo e bóveda artesoada, con nave central a tres augas, a ábsida a catro e o soportal a dous, con teitos de lousa. A sancristía está pegada á nave central e á ábsida. A espadana do campanario está rematada con tres pináculos. Foi reedificada na súa maior parte no século XIX, aínda que se pode apreciar parte do século XVIII.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
O Retablo do Altar Maior do século XVI e que foi novamente pintado o ano 1778. Dun só corpo, representa a Santa Cea, con imaxes barrocas do século XVIII de San Antonio, San Silvestre, San Xoán e San Roque. Existen dous retablos máis, o da Epístola do Barroco Popular, con imaxes de San Alberte Magno, San Xosé e a Dolorosa, por último o do Evanxeo, de estilo Renacentista en relevo, que representa San Bartolomeu e Santa Lucía.
Consérvase un capitel do século XII cunha caveira (Vanitas), que se supón do antigo mosteiro, e que foi reutilizado como pía de auga bendita.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Recentemente foron realizadas obras para reconstruír parte da parede do campanario. Para iso foi necesario retirar un tramo das escaleiras de acceso. Inexplicablemente, as obras remataron e as escaleiras non foron repostas, de tal maneira que agora é imposible acceder ao campanario.
Onde está localizado
Latitude: 43.2688859519Lonxitude: -7.24829167128
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Maite says:
Nov 19, 2014
El edificio en estos momentos está en peligro de deterioro absoluto. Cuando llueve el agua se filtra sobre todo por la parte del Altar Mayor, los retablos están comenzando a desfigurarse por la humedad y la carcoma.
Dado el valor histórico, habría que tomar medidas urgentes para rehabilitarlo.
Jose says:
Ago 30, 2019
A Vía Reixa do Norte, actualmente marcada e sinalizada, non pasa por ahí, e no novo proxecto, tampouco…..