Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Xurxo de Camariñas
Lugar: Camariñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Barómetro enviado polo almirantado inglés en gratitude ó concello de Camariñas polos traballos feitos a raiz do afundimento do cruceiro-torpedeiro “Serpent”. Neste afundimento falecerían 172 persoas nunha das traxedías máis horrorosas de toda Costa Brava, logo coñecida eiquí como Costa da Morte, pero que nas illas británicas xa lle viñan chamando “da morte” debido a cantidade de barcos afundidos, sobre todo ingleses.
Este barómetro pódese ollar nunha casa perto do porto de Camariñas chamada a “Casa das Romualdas”, agora posta en venta. Esta casa do século XIX foi dun emigrante que fixo as “américas” en México, e que logo voltaría para quedarse.
Xunto co barómetro, o almirantado inglés tamén lle regalaría unha escopeta o cura de Xaviña onde se podía ler na culata “The Lord Commisioner of the British Almiralty”, e un reloxio de ouro pra o alcalde de entón, don Vicente Pérez. Destes últimos agasallos non se sabe nada na actualidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Pode ser que nun futuro inmediato se atope en serio risco, pois a casa está en venta e fálase de que alguén está interesado na parcela pra facer un hotel.


Onde está localizado

Latitude: 43.12800697257489
Lonxitude: -9.184978008270263
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84