Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Salcedo (San Martiño)
Lugar: O Nabalexo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Primeiro grupo do conxunto do Outeiro da Mina, do que se perdeu a maior parte por mor dunha agresión. No museo de Pontevedra, consérvanse debuxos de Henrique Campo realizados en 1907 a través dos cales podemos ter unha idea de como eran orixinalmente. Amosan ata doce combinacións de rodelas con coviñas e liñas. Actualmente só se aprecian cinco e a parte superior dunha combinación de rodelas con coviñas inscritas no seu interior. Estando a metade inferior desaparecida ó ser barrenada por algún desaprensivo.

En 1953 é incluída na “carta arqueológica de la provincia de Pontevedra” e finalmente o conxunto é declarado expresamente en 1975 monumentos histórico-artísticos de carácter nacional dotando dun réxime especial de protección e obrigando ó Concello a súa salvagarda.

A pesar disto, en 1980, García Alén y Peña Santos deixan constancia da agresión e dano deste grupo no seu libro “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra”. Nesta época, o conxunto estaba dentro das lindes do Cuartel de Instrucción de Figueirido non sendo ata o 2013 no que a Comunidade de Montes Veciñais en Man Comúnde Salcedo recuperou a titularidade.

Neste último ano, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Comúnde Salcedo procedeu a labores de recuperación deste conxunto procedendo a limpeza, desbroce e localización das rochas que compoñen o conxunto así como a organización de xornadas de divulgación e posta e coñecemento deste conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36038022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

● Sobrino Buhigas, R. “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae” Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos, 1935. Tab. LVIII, fig. 118 e 119.

● García Alen, A; Peña Santos, A. “Los Gravados Rupestres de la Provincia de Pontevedra” A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1980. ISBN 84-85728-04-1. páx 105; fig. 2 e 116; fotos 116 e 117.

● “Ley 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Artículo 40.” BOE de 29 de junio de 1985. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1985/06/29/pdfs/A20342-20352.pdf

● “Relacións de Bens de Interese Cultural de Galicia” Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995 Dispoñible en: http://cultura.xunta.es/imxd/procedementos/doc/121004BICGALICIA.pdf

● “Decreto 3741/1974, de 20 de diciembre, por el que se declaran monumentos histórico-artísticos de carácter nacional los grabados rupestres existentes en la provincia de Pontevedra. Elemento 153”. BOE del marzo de 1975. Nº 59. Páx 4951. Dispoñible en: https://www.boe.es/boe/dias/1975/03/10/pdfs/A04949-04952.pdf

● P.X.O.U 18/12/1989 do Concello de Pontevedra. Edificacións no Medio Rural. Listado de Fichas 1. Pax. 154 – Relación de xacementos arqueolóxicos no municipio e que aparecen reseñados no plano 1:5.000 de clasificación do sólo T.M. Dispoñible en:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf

LIGAZÓNS EXTERNAS:

¹Campo Sobrino, Henrique “Grupo I do Outeiro da Mina Regato dos Buratos – Salcedo – Pontevedra” 1907 Dispoñibles en:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Grupo_I_do_Outeiro_da_Mina_por_Henrique_Campo_en_1907.jpg
https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Outeiro_da_Mina_Regato_dos_Buratos_-_Salcedo_-_Pontevedra_por_Henrique_Campo.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectado por una barrena, a metade do conxunto está desaparecido.


Onde está localizado

Latitude: 42.3896706442
Lonxitude: -8.66465628147
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84