
Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario,
Concello: Bueu
Parroquia: Bueu (San Martiño)
Lugar: Bueu
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Calvario de Bueu está no adro da igrexa parroquial de San Martiño de Bueu, aínda que non era ésta a súa ubicación orixinal. Foi mandado facer por Fernando da Rúa e Freire, reitor da Inquisición de Bueu, e señor do pazo de Santa Cruz, no ano 1686, e nun principio estaba situado no lugar da primitiva capela dos Santos Reis, no lugar do Valado. Este primitivo conxunto foi desmontado e dispersado, pasando as figuras dos ladróns a mans de coleccionistas. Hai uns anos, grazas á iniciativa veciñal, puido ser recuperado e reconstruído no adro da igrexa parroquial.
Os calvarios son conxuntos de tres cruceiros con representación de Cristo e dos dous ladróns, e son bastante infrecuentes en Galiza. As tres cruces de Bueu érguense sobre un mesmo chanzo, representación simbólica do monte Gólgota. No centro sitúase Cristo, Dimas, o ladrón bó á súa dereita, e Xestas, o ladrón malo, á súa esquerda. As tres cruces contan cun pedestal cúbico, coa representación da caveira e as tibias cruzadas de Adán no frontal da cruz de Cristo. Os varais son de sección cadrada, biselados nos cantos imitando o tronco dunha árbore, conformando a tipoloxía coñecida como “espiñenta”. Os capiteis son troncocónicos, máis anchos que longos, e están decorados con volutas nas esquinas. No centro das caras de cada capitel hai rostros de anxos, agás na cruz do ladrón malo, que aparece un demo botando a lingua pola boca. A cruz do Cristo está traballada de maneira máis fina e elaborada que as outras, e presenta os bordes biselados, mentres que as dos ladróns teñen sección cadrada, e mesmo os brazos da cruz tortos no caso da cruz de Xestas. O Cristo represéntase morto, con tres cravos nas mans e pés, mentres que os ladróns só teñen os pés cravados, suxeitándose os brazos con cordas, en posturas contorsionadas. Non hai figuras nos reversos.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ CASTELAO, A. Daniel. As cruces de pedra na Galiza. Bos Aires, 1950 (Reedición Editorial Akal, 1990, ISBN 978-84-7600-557-6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.31937632434616Lonxitude: -8.789132237434387
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 20, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/3600404.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
VV.AA. (1999). Cruceiros, cruces e petos do Concello de Bueu. Revista O Candil, nº 20 (en liña: http://bueu.esy.es/Revistas/O%20Candil/20.pdf)
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2010). Os ladróns nos Calvarios galegos. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html