Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Marcón (San Miguel)
Lugar: Albeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de plataforma cadrada con catro grades, sendo as tres últimas molduradas e a primeira case sen chanzo. O baseamento presenta perfil rectangular rematado nunha moldura en bocel na aresta superior sos seus lados maiores paralelos ó chairo. Nel amósase un epígrafe pola beira esquerda, que na primeira ringleira pon:

TU QUE PASAS MIRAME
——
——
——

No mesmo baseamento, amosa unha serie de coviñas superficiais de amplo diámetro na súa faceta superior.

O varal é octogonal e uniforme con dous garfos metálicos no anverso. Ten un capitel con collarino octogonal e volutas angulares sobre unha moldura. Non hai querubíns entre as molduras. A cruz é espiñosa e amosa un Cristo no anverso, con coroa de espiñas e cabeza sobre o seu ombreiro dereito. No reverso disponse a Virxe na súa advocación da Quinta Angustia. A piedade deste foi retratado por Castelao no seu libro “As Cruces de Pedra na Galiza”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso. “As Cruces de Pedra na Galiza” (Edic. facsimilar). Vigo, Editorial Galaxia 2008. ISBN: 978-84-7154-470-4. (Láminas XLIII e LXIV).

“Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico.” BOE de 30 de marzo de 1963. nº 77. Páxina 5363. Dispoñible: https://www.boe.es/boe/dias/1963/03/30/pdfs/A05363-05363.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4191828461
Lonxitude: -8.62349510193
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84