Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Cereixo
Lugar:
Outra denominación do ben: Cruado
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O Croado domina a paisaxe da parroquia de Cereixo. A súa coroa (de aí o nome Croado ou Cruado, de Coroado) axiña destaca reforzada pola vexetación que aflora sobre a fortificación do asentamento castrexo.

Ten pranta ovalada, cunhas dimensións de 125 x 80 metros, ocupando unha superficie aproximada de 0’8 hectáreas. Conserva ben restos da súa muralla perimetral, acompañada de parapeto e foxo, que acolle terrazas dispostas de maneira concéntrica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai unha antiga lenda no castro do Croado que os veciños aínda lembran hoxe en día. O dito di: “Cruado, Cruado, quen me dera o teu reinado”. Cóntase que no lugar ocorren sucesos de difícil explicación. Segundo a tradición popular nese monte os mouros  gardaron un tesouro nun caldeiro e aquel que intentou atopalo sufriu estraños accidentes.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

www.vimianzo.es


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13046169323192
Lonxitude: -9.107623100280762
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84