Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: O Rañadoiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Cristo da Bica atópase no muro dunha finca privada, nunha encrucillada de camiños.
O conxunto consta dun varal de forma cadrada no que podemos ver unha inscrición: “AÑO DE 1847”.
O seu capitel moldurado posúe outra inscrición: “AQVMRIO”
A súa cruz de forma circular posúe a imaxe de Cristo crucificado. Tamén é posible ver baixorrelevos cos símbolos do martirio de Cristo.
Esta cruz atópase policromada. O conxunto é pintado todos os anos por un veciño da aldea: o mordomo da festa anual, algún ofrecido que solicita a concesión dun favor persoal, …
Ao carón do conxunto aparece unha pequena fornela de arco de medio punto e cornixa, a modo de peto de ánimas.

Durante a Semana Santa, oa Cristo se lle pon un dosel de pano de raso ou seda de cor morada.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Maruja Torres, veciña do lugar, conta que o Cristo da Bica veu da cidade de Córdoba nun carro de bois. Trouxoo un home para forzar que o saudara o seu irmán cura o saudara.


Historia recente do ben:

Durante o mes de xullo de 2018 o cruceiro foi restaurado. (Ver bibliografía)


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB

http://www.xoanarcodavella.com/2017/08/peto-cruceiro-do-ranadoiro-pontesampaio.html

BIBLIOGRAFÍA

Reboreda Carreira, Alberte (Coord.),Dapena Sieiro, María, Lueiro, Xoán Ignacio, Faro Álvarez, Raquel.“Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio” Concello de Pontevedra. 2008.

RESTAURACIÓN XULLO 2018

https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2018/07/05/cristo-da-bica-volvera-mes/1923256.html
http://www.pontevedra.gal/2018/07/04/o-cristo-da-bica-volvera-ao-ranadoiro-este-mes/
https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/pontevedra/cristo-d%C3%A1-bica-volvera-ponche-sampaio-mes/20180704205812989435.html
https://pontevedraviva.com/xeral/47122/cruceiro-bica-restauracion-policromia-pintura-plastica-cristo/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2018/07/05/cristo-da-bica-recuperara-pronto-policromia-original/0003_201807P5C4991.htm
http://porgaliciabaixo.com/gl/historia/018/7/o-cristo-da-bica-volvera-neste-mes-ao-ranadoiro-parroquia-de-ponte-sampaio.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2018/07/05/cristo-da-bica-recuperara-pronto-policromia-original/0003_201807P5C4991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ao carón do Cristo aparecen varios elementos que afean o conxunto: un caixón de ferro para a recollida de esmolas; e unha placa de pedra granítica de recente factura que di: “YO SOY LA RESURECCION Y LA VIDA AÑO 2010”.


Onde está localizado

Latitude: 42.3574284163
Lonxitude: -8.59450545522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84