Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Xustáns (San Martiño)
Lugar: O Sobreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O conxunto componse dunha cruz xubilar, e dunha pedra de forma cadrada ao seu carón. Sitúase no alto dun pequeno penedo no alto do monte Pedreira.
A cruz é de tipo latina, cadrada e feita en pedra no ano 1917. Nunha das súas caras aparece unha inscrición que di:
“CRISTOVIVECRISTOVENCE
CRISTOIMPERACRISTOREI
NA”
“SIGLO
XX”.

No lado contrario posúe uns ferros que puideron servir para suxeitar algunha imaxe no pasado.

A pedra ao seu carón ten 1 metro de altura aproximadamente. Posúe un pequeno oco na parte superior que serviría para colocar a bandeira nos actos oficialese relixiosos no lugar.

Todo o conxunto foron levantados por iniciativa do párroco de entonces, Federico Estévez Tombo. O día da inaguración, a pedra servíu para colocar o mástil da bandeira española.

Esta cruz a podemos ver moi cerca da Capela de Cristo Rei (http://patrimoniogalego.net/index.php/60238/2014/05/capela-de-cristo-rei/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral atribúelle a pequena pedra unha serie de “poderes”. El párroco do lugar Federico Estévez Tombo deixou escritos algúns dese poderes. Destaca o relacionado coa “Gripe española”. O sacerdote escribe que “acudimos al auxilio del Cielo e ordenamos una rogativa y una visita al crucero, llevando en procesión una imagen de la Virgen de Rosario y otra de San Roque”. O sacerdote segue a escribir sobre o resultado das pregarias: “fue oida nuestra plegaria y en Xustáns no ha muerto ninguna persona por la gripe”.
O investigador Estanislao Fernández de la Cigoña recolle unha historia dun veciño da contorna. Segundo este, a pedra tiña o poder de «chamar pola choiva como ningunha outra». Para conseguilo, o sacerdote enchía con agua bendecida o burato superior da pedra.

El rito completábase con oracións que o propio sacerdote facía xunto á cruz.

 


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/pontecaldelas/cristorrei.html
http://xoanarcodavella.blogspot.com.es/2012/10/capilla-y-cruz-de-cristo-rei.html
http://lugaresmagicosdegalicia.blogspot.com.es/2011/11/51-la-cruz-que-pedia-mas-lluvia.html
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-capelaxustans.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHÉZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3866671515
Lonxitude: -8.57167348266
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84