Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Catedral de Ourense
Outra denominación do ben: Alquerques na Catedral de Ourense
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Os estudos realizados na catedral de Ourense levaron a catalogar ata seis deseños xeométricos que corresponden a tres tipos de xogos de taboleiros medievais diferentes: dous podemos clasificalos como dos denominado “alquerques de doce”; tres como alquerques de nove”, diferentes entre si, pois si ben, todos posúen a forma tradicional que os caracteriza (os tres cadrados concéntricos e as liñas rectas que unen os seus lados nun punto intermedio), dous de eles ademais, presentan outras liñas que os complementan e solo un, nos mostra o deseño sinxelo; e finalmente o que podemos incluír dentro dos diferentes tipos de “tabulae lusoriae”, posiblemente un “ludus latrunculorum”.
Se ben estes deseños de taboleiros de xogos podémolos datar cronoloxicamente en época medieval como xa apuntamos anteriormente, estes tipos témolos ben documentados en época romana, tanto en textos escritos, que nos narran en que consisten e como se xogan, como arqueoloxicamente, aparecendo na maioría dos casos en elementos construtivos illados ou reutilizados en outras estruturas, tanto líticos como cerámicos ( placas de granito ou lousas, “tegulas” ou tixolos).
No manuscrito titulado “Libro de Ajedrez, Dados y Tablas”, mandado elaborar por Alfonso X, rei de Castela, no século XIII, deféndese que Deus creou os homes naturalmente alegres.. Alegría que lles levou a crear actividades e xogos para que puideran sobrevivir ós traballos, ós aburrimentos do día a día .. A obra destaca a vantaxe dos xogos que se practican cos xogadores sentados, contra os que se fan cabalgando ou a pé, porque todos os poden practicar, de noite ou de día, homes ou mulleres, vellos e fracos…

A súa localización na catedral fainos pensar que os xogos realizábanse a escondidas das autoridades relixiosas quizais pola súa prohibición, isto fáinolo pensar por estar situados o mais lonxe da zona de culto posible, e polo tanto apartado das miradas dos fieis que asistiran a eses cultos. Cinco de eles vémolos segundo entramos pola porta oeste, pasando o Pórtico do Paraíso, nas primeiras bancadas do muro sur.

Primeiro “Alquerque de doce”
Na primeira bancada de este muro sur, xustamente o taboleiro está gravado na lado esquerdo.
A figura cuadrangular ten uns 42 centímetros de lonxitude por 36 centímetros de ancho. Podemos dicir que define claramente catro cadrados de 19 cms de lado, aproximadamente.
Por desgraza o estado de conservación, non é moi bo, si o comparamos cos outros que se atopan na segunda bancada, preto de este.

Segundo “Alquerque de doce”
A pouco máis de dous metros da primeira bancada, localizase unha segunda bancada ( no lado esquerdo), existindo a porta de acceso ó Arquivo Diocesano actual, no medio de elas.
Este taboleiro de xogo está gravado na esquina dereita da bancada pétrea e mide 43 cms de largo por uns 33 de ancho. Delimita ben catro figuras cuadrangulares de lados irregulares, de 17 X 13 centímetros de lado.
O estado de conservación que posúe podémolo considerar de moi bo.

“Ludus latrunculi” (ou un tipo semellante do amplo grupo de “tabulae lusoriae” )
Este taboleiro témolo gravado a continuación do anterior xogo, a esquerda. Tratase de unha figura rectangular de 33 cms de largo por 31 de ancho. Catro sucos horizontais e verticais, partindo de cada un dos lados, forma un reticulado que nos ven dado por 25 pequenos cadrados ( de 7 cms da lado, aproximadamente). Chama a atención que por os lados verticais, os sucos gravados horizontalmente, sobresaen amplamente da figura definida, podendo formar parte do xogo en si.
O estado de conservación que presenta é moi bo.

Primeiro “Alquerque de nove”
Está ó lado esquerdo do anterior. O singular de esta figura é que ademais, de ter a forma que define ó “Alquerque de nove”( pero as líñas que unen os cadrados por a zona intermedia chegan ó centro do deseño, non parándose no lado do último cadrado) posue unhas diagonais de 35 centímetros de lonxitude, que fai posible practicar sobre il, o coñecido xogo do “tres en raia” ou “pai, fillo, nai” ou podemos estar diante de unha variación do citado “alquerque de nove” que loxicamente funcionaría con outras regras.
Ten unha figura cuadrangular exterior de 29 cms de largo por 25 de ancho; o cadrado intermedio mide 20 cms de largo por 18 de ancho e finalmente, o cadrado interno, mide 16’5 cms de lonxitude por 11 cms de ancho, con unha pequena cazoleta central de escasa profundidade pero de 3,5 cms de diámetro.
A conservación de este xogo, por desgraza, non é moi boa, aínda que se pode ver perfectamente todo o conxunto, pero necesita de condicións especiais para facilitar a súa correcta lectura.

Segundo “Alquerque de nove”
Na mesma bancada, logo da base de unha columna (Foto-1), a uns 80 centímetros da mesma, encontrámonos con este outro taboleiro, que corresponde perfectamente ó deseño que nos define o tradicional xogo do “Alquerque de nove”. As medidas dos seus tres cadrados concéntricos son as seguintes: o externo, posúe 28 cms de longo por 26 cms de ancho; o intermedio, mide 16 cms en ambos sentidos; e o último, 11,5 de largo por 10 de ancho.
Posúe una extraordinaria conservación.

Terceiro ”Alquerque de nove”
Este taboleiro de xogo encontrábase inédito ata fai pouco. O coñecemento debémosllo a D. Miguel Ángel González García, que deu conta de el.
Localizase na escaleira estreita en forma de caracol, que da acceso a un dos tellados da catedral e chégase a ela por unha pequena porta situada a esquerda da entrada sur da catedral. Foi gravado xusto no sétimo chanzo, a uns 45 cms do eixo da mesma e a uns 16 cms da curva do muro da parede.

Na columna e en tres dos sillares da parede, xusto encima dos xogos que están gravados na bancada, podemos ver varias detalles gravados, entre os que destaca unha cruz potenzada moi ben elaborada (Foto-2).

A maioría de estes taboleiros están nun bo estado de conservación, non así as bancadas onde se atopan, pois están retocadas con formigón e algo deterioradas.

Nas proximidades da catedral, na rua Hernán Cortés, no muro Este do Museo arqueolóxico de Ourense, o que outrora fora Palacio Episcopal, atopase outro taboleiro de “alquerque de nove”.

Información: juegosdetablerosromanosymedievales.blogspot.com.es


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://juegosdetablerosromanosymedievales.blogspot.com.es/2008/09/los-juegos-de-tableros-medievales-de-la_21.html

http://www.oocities.org/galirupestre/juegos.html

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/05/0003_7696372.htm

http://culturacientifica.com/2013/07/17/mujeres-jugando-el-juego-del-molino/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A maioría de estes taboleiros están nun bo estado de conservación, non así as bancadas onde se atopan, pois están retocadas con formigón e algo deterioradas.


Onde está localizado

Latitude: 42.3363574619
Lonxitude: -7.86355555058
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84