Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Lobios
Parroquia: Araúxo (San Martiño)
Lugar: Requeixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa construída no ano 1781 a base de perpiaño granítico de boa factura, dunha soa nave e co presbiterio máis elevado. O teitume, a dúas augas na nave e a catro no presbiterio, remata con pináculos.
Na súa fachada podemos ver a porta principal lintelada con molduras apoiadas nos ángulos e fornela avieirada no frontispicio, sobre ménsula galonada. O concunto remata cunha espadana de dous corpos e frontón.
No lado do evanxeo constrúese en 1828 unha capela para os “Beati Mortui Qui in Domino Moriuntur”, segundo indica un epígrafe no exterior.
No interior destaca o retablo maior e colaterais, do século XVIII. Nel aparecen representadas as imaxes de San Martiño, Santo Antonio, San Roque, San Benito Preto, San Martiño, Santa Bárbara, e relevos da Anunciación e Visitación.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 1 de decembro de 2023 denuncia o mal estado da cuberta desta igrexa, con goteiras que poñen en perigo os elementos mobles do seu interior (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/LOBIOS/documents/0447CA004.pdf (Páxina 3)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=23789&ctre=31
https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/lluvia-pone-peligro-templos-entrimo-lobios/202312010515461258320.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
O interior presenta problemas de humidades que estragaron o retablo, e o teito e o chan de madeira.
Onde está localizado
Latitude: 41.9080262066Lonxitude: -8.06768238544
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84