Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Serramo
Lugar: Serramo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Polos elementos arquitectónicos da ábsida da Igrexa de San Sebastián de Serramo sábese que foi construída ó redor do S.XII, de estilo románico. Malia que as primeiras referencias documentais veñen do s.XVII, da capela de S. Antonio de Padua. Precisamente esta é a capela máis interesante, a de Miranda dedicada a santo Antonio. Unha bóveda de cruzaría estrelada de nervos ó xeito do gótico tardío cobre esta capela norte feita en 1674 por Felipe de Pazos cumprindo cos desexos do seu pai Juan de Pazos, quen fora párroco desta freguesía. Nunha parede consérvase unha talla na pedra co número de misas celebradas pola alma do fundador. No chan hai tres escudos tallados nas tumbas, coas armas dos Condes de Altamira (cabeza de lobo), dos Miranda (dúas serpes enfrontadas) e dos Pazos (unha árbore con tres caldeiros enriba). Os tres escudos van timbrados con empenachados elmos que miran cara a esquerda como sinal de que Felipe de Pazos era fillo bastardo.

No exterior, outro escudo lembra ós fundadores da capela. A fachada conserva o estilo clasicista de fins do s.XVII. A torre do campanario, barroca, data do primeiro terzo do s.XVIII e acada os 9 m de altura. Recibe a inspiración da igrexa do modelo de San Fiz de Solovio de Compostela.

Pero o elemento de maior interese é a SANTA CRUZ DE SERRAMO, de prata que seguramente é a cruz parroquial máis antiga de Galicia conservada. Data da época do arcebispo Diego Xelmírez (s.XII). Suponse que a doou o abade de Moraime Ordonius, logo da devastación da comarca polos piratas almorábides no ano 1115. Para poder vela hai que pedirlle permiso ó párroco, pois non está á vista por razóns obvias.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0648041595221
Lonxitude: -8.989385962486267
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84