Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Armariz (San Salvador)
Lugar: Monte Gándara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Preto do cruce de San Andrés e Merí, collendo o desvío que nos leva cara Armariz e Os Casares, e a poucos metros do comezo, xusto diante de unha nave de bloque, vemos unha lameira chea de laxas.
Arrimada cara o muro de bloques temos unha peneda de pouca altura pero de varios metros de lonxitude.
Pola súa superficie que está chea de musgo pódense ver varios grupos de cazoletas de tamaño medio (uns 4cm de diámetro), estes grupos están formados polo menos por tres coviñas cada un, aínda que tamén se pode localizar algunha espallada.
E de supoñer que realizando unha limpeza sobre a peneda se localicen mais, por estar ocultas polo moito musgo existente na superficie.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2306980517
Lonxitude: -7.75296270847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84